Sardiña

Sardiña (Chan da pólvora, 2018) fue escrito entre 2016 y 2017. Es mi primer libro en gallego. La fotografía de la portada pertenece a una serie compuesta especialmente para el libro, que contiene, además de los poemas escritos, fotografías y un vídeo.

+INFO

Entrevista en «Un país mundial»(RG)| Audio
Entrevista en Zigzag Diario (TVG)| Vídeo
Entrevista en «Praza Pública» | Texto
Sardiña en «Sermos Galiza»
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

POEMAS

non quero aprender a chamar as cousas polo seu nome
nesta lingua
quero chamalas polo seu significado

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

cruzar non foi un intercambio sucesivo daquilo que
se expresa
non foi seguir polo mesmo camiño en sentidos opostos
nin foron camiños paralelos
os camiños non seguían xeometría.
non crucei mensaxes, palabras, insultos, regalos.
crucei un océano e aterrei
no medio da noite
ningunha diferenza entre casa e caza

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

cada vez que o home aquel me chamaba sardinilla
eu pensaba en ti / na túa paixón
como collías as sardiñas coas mans
o pequeno corpo estendido no ar
e en cada extremidade a pinza dos teus dedos
comíalas a bicos
ata deixar o esqueleto esplendente
o home aquel no era quen
ainda non coñecín quen o fose

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

a escama e a espiña
a túa carne ainda a agardar
a hora da lexibilidade
pode ser que treme ou permaneza moi quieta eu
a agardar o teu consentimento
a vida que che ofrezo acontece no eixo z
nos meses de frío no centro do estar
unha mesa camilla é posible
o tacto dos flocos
na franxa da pel exposta
pola lixeira flexión das pernas
ao introducires ou extraeres ós pés
baixo a saia da mesa lembra
a franxa de pel lembra
non quere pensar se está a construír ficción de noso de nós